close
Saltar ao contido

Social Distortion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Social Distortion
 Nome oficial
   Image Social Distortion (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Mike Ness (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
Datas
 Fundación / creación
1978 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1978 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF154935246 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123646128 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03q_w5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm1454302 Facebook: socialdistortion Twitter: SocialD1 MySpace: socialdistortion Spotify: 16nn7kCHPWIB6uK09GQCNI Apple Music: 543473 Last fm: social+distortion Musicbrainz: e1e05cce-3922-44e1-8f20-015abe5e309d Songkick: 38906 Discogs: 255058 Allmusic: mn0000038302 Deezer: 2129 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Social Distortion é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1978 en Fullerton (California).[1] A día de hoxe o grupo está composto por Mike Ness (voces e guitarra), Jonny Wickersham (guitarra e coros), Brent Harding (baixo e coros), David Hidalgo, Jr. (batería) e David Kalish (teclados).

Social Distortion estivo en hiato a mediados da década dos 80 debido á adición ás drogas de Ness, o líder da banda, e a problemas coa lei que deron lugar a períodos prolongados en varios centros de rehabilitación durante dous anos. Dende o seu nacemento, a formación do grupo pasou por cambios, con varios membros entrando e saíndo da banda e sendo Ness o seu único membro constante. Despois de catro décadas de actuacións Social Distortion continua xirando e gravando música.

Ata a data Social Distortion leva publicados sete álbums de estudio, dous recompilatorios, un álbum ao vivo e dous DVDs. O grupo editou dous álbums, Mommy's Little Monster (1983) e Prison Bound (1988), antes de asinar un contrato por tres discos con Epic Records en 1989. Social Distortion chegou á fama co seu terceiro traballo, Social Distortion (1990), no cal estaban os seus exitosos sinxelos "Ball and Chain", "Story of My Life", e a versión de Johnny Cash "Ring of Fire", e que foi certificado ouro pola RIAA.[2] Moitos dos seus álbums posteriores, como o seu segundo disco de ouro, Somewhere Between Heaven and Hell (1992),[3] tamén foron ben recibidos. Social Distortion é unha das bandas de punk rock con máis vendas de discos de todos os tempos con máis de tres millóns de unidades vendidas en todo o mundo.[4]

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Mommy's Little Monster198313th Floor Records, Triple X Records
Prison Bound1988Restless Records
Social Distortion1990Epic Records
Somewhere Between Heaven and Hell1992Epic Records
White Light, White Heat, White Trash1996Epic Records
Sex, Love and Rock 'n' Roll2004Time Bomb Recordings
Hard Times and Nursery Rhymes2011Epitaph Records
Born to Kill2026Epitaph Records
  1. Social Distortion (ed.). "A brief history of Social Distortion". Archived from the original on 19 de outubro de 2009. Consultado o 3 de maio de 2017.
  2. RIAA (ed.). "Gold & platinum - Social Distortion". Consultado o 3 de maio de 2017.
  3. RIAA (ed.). "Gold & platinum - Somewhere Between Heaven and Hell". Consultado o 3 de maio de 2017.
  4. Stereoboard (ed.). "Bad Religion Announce Shows In Manchester And London". Consultado o 3 de maio de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]